Busca

Amosando 169 - 192 de 250 resultados da busca.

Desde o final do espigón portuario hai unha fermosa panorámica da fachada marítima de Rianxo e da Serra do Barbanza, así como das diferentes embarcacións que compoñen a flota rianxeira: bateeiros (barcos utilizados no cultivo do mexillón), pequenos barcos do cerco e botes de pesca artesanal e marisqueo, así como un pequeno grupo de barcos e botes tradicionais, entre os que destacan a xeiteira, a lancha de relinga aparellada como balandro…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Fonte de cantaría situada nun lateral do Campo de Arriba, fronte ao acceso principal. Está delimitada por muros de cachotaría e balaustrada na parte posterior. Pía de base octogonal de case 1 metro de altura, e corpo central prismático de catro canos, cos frontes tallados e cornixa superior. Coroa o corpo central un pináculo moldurado con remate…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Lavadoiro situado na rúa do Adro, desde a que se accede a través dunha escaleira de tres chanzos de granito.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar da Cruz.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte do século XIX nun lado da estrada que vai do Pazo a Rianxo.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro en Rinlo, construído en 1907.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

A rampla da Rabaleira, localizada na Ribeira, é o segundo peirao máis antigo do concello, despois do de Setefogas.

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

No Campo Maneiro, a CMVMC O Fieitoso de Taragoña desenvolve os seus proxectos Máis ca leña, O Monte é noso e Fousas ao monte.

Mais ca leña consiste na creación dunha área didáctica en terreos da comunidade de montes, dedicada a dar a coñecer os distintos usos e aproveitamentos que…

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Espazos naturais

Esta praia é a máis visitada de Rianxo na actualidade, cunha lonxitude duns 370 metros, separada da Praia de Quenxo polo Dique de Baltar.

Tanxil configúrase como un espazo que aínda garda a forma…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Espazos naturais

Ángel Baltar construíu na Praia de Tanxil un porto de abrigo, feito integramente en pedra e situado nunha cova natura ao pé da praia. Construído para o uso particular do propietario do Pazo dos Baltar, mais tamén para o beneficio da clase mariñeira, posto…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

É o peirao máis antigo do concello, data de mediados do século XIX, aínda que a traza actual é de comezos do XX. Foi en 1903 cando se lle adxudicaron as obras da súa reparación e ampliación a Ramón Fernández García, de Cespón, pai do que será un grande amigo de Castelao, compañeiro na Facultade de Medicina e na tuna de Santiago: Ramón Fernández Mato. Foi el o encargado de presentar a Castelao e a Eduardo Dieste, en 1911, nunhas…

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada na aldea Abuín, de planta circular.

Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Reloxo de sol no lugar do Castriño, no cumio do tellado dunha vivenda.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol na fachada dunha vivenda no lugar de Té.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.

Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.

Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez 

Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga