Busca
Ponte construída en pedra que salva o curso dun regato afluente do río Valga.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Ponte construída en pedra que salva o curso do río Valga.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro, coa cuberta de tella curva.
Valga - San Miguel de Valga | Obra civil
Situado no campo da festa de Cordeiro. De base poligonal e construído en metal e pedra.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pontella sobre o río Valga que conserva as bases orixinais de pedra, mais a plataforma está formada por unha prancha de formigón
Valga - Santa María de Xanza | Obra civil
O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.…
Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais
O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…