Busca

Amosando 97 - 102 de 102 resultados da busca.

O Salón Cesures foi o primeiro cine que tivo Pontecesures, aínda que cunha duración moi curta. Estaba localizado na Factoría, ao carón do Alfolín da Renda do Tabaco. En 1925, o día da Romaría de San Lázaro, estreouse “La Casa de Troya” e outro día actuou o violinista internacional…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Abuín que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Edificación hoxe desaparecida que se emprazaba na Ribeira, na actual Praza da Manuela, ao carón do Porto de Rianxo. Era o lugar onde se vendía o peixe, e onde na súa contorna, as mulleres vendían berberechos e reparaban as redes.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A casa de Ramón Sende, situada na Praza de Manuel Antonio, foi o berce do galeguismo en Asados, pois era a sede do Partido Galeguista. En 1936, o partido tiña en Rianxo 264 afiliados, a agrupación máis numerosa de Galicia. Na…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil