Busca

Amosando 289 - 295 de 295 resultados da busca.

Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Estaba situada no lugar do Trozo, ao carón da estrada N-550 de Padrón á Ponte, aínda que se descoñece a súa localización exacta na actualidade. Era unha fonte de auga sulfurosa, de cor pálida e cheiro a ovos podres, sendo usada pola veciñanza para curar as doenzas da pel, mais tamén para sulfatar os cultivos. Foi destruída cando se construíu a autoestrada AP-9 nos anos 90 do século XX, botándolle terra por enriba.

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con seis postos para lavar no lugar de Cruces.

Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial