Busca

Amosando 409 - 432 de 547 resultados da busca.

Reloxo de sol localizado nun muro lateral da Igrexa de Santa Comba de Louro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Situado no campo da festa, acaroado á antiga Escola de Setecoros, actual centro sociocultural da parroquia. De base rectangular, todo o palco está construído en ladrillo, enfuscado e pintado coas cores branca e verde. Pola fronte do palco accédese á base inferior, que era utilizada como almacén e local social.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Situado xunto á Ermida da Virxe da Saúde, é de planta rectangular e orixinalmente estaba construído en ladrillo. No ano 2021, e por demanda veciñal, foi reconvertido en local social, aínda que continúa cumprindo as funcións de escenario.


Valga - San Salvador de Setecoros | Obra civil

Esta ponte formaba parte do trazado orixinal polo que discorría o ferrocarril Santiago-Carril e foi construída para salvar o río do Manzanillo, tamén coñecido cos nomes de río Angueira ou río de Bascuas. Por esta ponte xa non circulan os trens despois da construción das novas vías de alta velocidade ferroviaria a poucos metros das antigas.

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848,…


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Torre do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Estaba situada no lugar do Trozo, ao carón da estrada N-550 de Padrón á Ponte, aínda que se descoñece a súa localización exacta na actualidade. Era unha fonte de auga sulfurosa, de cor pálida e cheiro a ovos podres, sendo usada pola veciñanza para curar as doenzas da pel, mais tamén para sulfatar os cultivos. Foi destruída cando se construíu a autoestrada AP-9 nos anos 90 do século XX, botándolle terra por enriba.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con seis postos para lavar no lugar de Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

No límite dos concellos de Padrón e Rois, sobre o río Sar.


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Antiga ponte que foi finalmente derrubada por unha riada a finais dos anos 60 do século XX, nunha madrugada de sábado para domingo. Esta xa se atopaba danada por outra inundación, aínda que non caera de todo. Foi dinamitado polo exército para acabar de derrubala. A súa contorna era o sitio de baño de moitos rapaces de Padrón. Era igual á antiga Ponte de Iria, polo que ambas eran coñecidas polas xemelgas.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Derrubado por unha riada, era igual á Ponte do Bordel, polo que ambas eran coñecidas polas xemelgas.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Pombal de planta circular duns 4 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Obra civil

Antiga porta de entrada á vila de Padrón. No debuxo realizado por Pier Maria Baldi, que pasou por Padrón acompañando a Cosme de Médici en 1669, pódese entrever as feituras da antiga muralla da vila, a Escola de Cristos (á esquerda da anterior igrexa parroquial), xunto coa desaparecida Torre Moucha, e a anterior ponte sobre o Sar, coa caseta para cobrar impostos que tiña no medio.

 


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Ten orixe medieval, mais sufriu diversas remodelacións ao longo da historia. A máis drástica é obra de Juan Peón, cando en marzo de 1845, unha gran inundación danaría a estrutura, en concreto dous dos catro arcos que posuía, que co paso dos días acabarían cedendo e sepultándose nas augas do Sar. Segundo documentos que constan no arquivo histórico do Concelllo de Padrón, a ponte orixinal medieval sufriu unha remodelación previa en 1790. No lado dereito, …


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Palco cadrado de pedra situado na carballeira do Convento de Santo Antonio de Herbón. Accédese a el pola parte de atrás onde o chan está ao nivel do palco. Ten unha varanda metálica formada por unha soa tubaxe que vai entre as columnas de pedra. Non ten teito nin inscricións nin placas.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

A Porta do Reloxo ou Porta do Sol era unha antiga porta de entrada á vila de Padrón que perdurou até o século XVIII. No debuxo realizado por Pier Maria Baldi, que pasou por Padrón acompañando a Cosme de Médici en 1669, pódese entrever as feituras da antiga muralla da vila, a Escola de Cristos (á esquerda da anterior igrexa parroquial), xunto coa desaparecida Torre Moucha, e a anterior ponte sobre o Sar, coa caseta para cobrar impostos que tiña no medio.

A súa…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Antiga porta de entrada á vila de Padrón. No debuxo realizado por Pier Maria Baldi, que pasou por Padrón acompañando a Cosme de Médici en 1669, pódese entrever as feituras da antiga muralla da vila, a Escola de Cristos (á esquerda da anterior igrexa parroquial), xunto coa desaparecida Torre Moucha, e a anterior ponte sobre o Sar, coa caseta para cobrar impostos que tiña no…


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Forma parte do conxunto de edificacións do Pazo de Santa Cruz da Granxa. Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro e cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil

Pombal de planta circular duns 5 metros de diámetro, con muros en pedra recebada e pintada con cal. Cuberta acabada con tella curva.


Padrón - Santa María de Herbón | Obra civil