Busca

Amosando 169 - 172 de 172 resultados da busca.

Gravados rupestres próximos ao Pazo de Rianxiño. Os motivos dispóñense sobre unha laxe plana de granito duns 5 metros de longo por 2 de ancho, orientada L-O. A laxe atópase a uns 3 metros ao L do acceso que cruza a zona en sentido N-S.

Compóñense de:


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

Túmulo de reducidas dimensións que está parcialmente arrasado debido á construción da Autovía do Barbanza que o cortou pola metade.

Mide no seu eixo L-O 16,50 metros e no N-S 14,70. Ten unha altura de 1,50 metros. Presenta un burato de violación central de 5,80 metros (N-S) e de 5,10 (L-O), cunha profundidade de 0,40 metros. Do cono de violación sobresaen algunhas laxes…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arqueoloxía

Emprazado no litoral da Ría de Arousa, nun promontorio rochoso orientado ao NO, pechando o esteiro formado pola desembocadura do río Té na Enseada de Rianxo.

A documentación escrita indica que foi…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arqueoloxía

A fábrica situárase na enseada de Rianxo, na ribeira dereita da ría de Arousa próxima a desembocadura do río Ulla, nunha zona doadamente accesible desde a beiramar e con fácil comunicación co interior, xa por terra, xa río Ulla arriba até Cesures.

Manuel Goday Roura, comerciante orixinario da vila catalana de Canet de Mar (Barcelona), casaba na derradeira década do século XVIII con Francisca Llauguer, dunha familia de…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura industrial