Busca

Amosando 1 - 24 de 897 resultados da busca.

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

O rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: o do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo Cruceiro de Basoco, derrubado por un ciclón a principios do…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Situado na entrada sur da aldea, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.

O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de granito (parecen de feitura recente).…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Hórreo no lugar da Medela.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo no lugar do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Situado no patio privada da casa á que pertence, o nº 46 do núcleo, na zona coñecida como O Souto.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, molduradas na parte superior. O gabinete do leste está pechado con ladrillos. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.

Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha  pequena finca pechada con enreixados e cemento, encaixado entre unha casa e un alpendre de cemento e ladrillo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura aproximadamente, encintado con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha propiedade pechada privada, usado como xardín.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre casa cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No límite dunha finca privada pertencente ao solar número 2 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca.  Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na mesma finca que o Pombal do Outeiriño, pertencente á casa nº 14 do núcleo. Sitúase ao pé da estrada.

Non ten repisa, as cepas asentan sobre cadanseus bloques de pedra. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ao pé da estrada Laíño-Rois.

Cruceiro de granito (plataforma e basa) e cemento (varal e cruz). A base mide 3,15 metros. O baseamento é cuadrangular con catro graos de pedra. O pedestal é cuadrangular, remata cunha roda…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

No medio da aldea, xunto á casa nº 18.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo no seu lateral oeste. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, todo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no Quinteiro de Abaixo, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade nº 8.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, que serve de parte de muro de peche da propiedade á que pertence. Os soportes son tres cepas de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nunha eira aberta.

Hórreo en estado de ruínas, carecendo de cubrición e de balaústres, cuberto de vexetación. Sería un bonito exemplo de hórreo mixto de tres claros que, segundo unha veciña, era o mellor do lugar. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2,50 metros de altura…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada no núcleo de Dodriño.

A cimentación parece que sería soterrada. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira (restaurada) e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Levántase embutido nunha finca traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 11 na AC-305, encaixado entre un alpendre de cemento e o peche do patio da casa.

Cimentado sobre unha alta repisa de perpiaño de granito encintado con cemento, duns 2,50 metros de altura. Non ten soportes, o tornarratos…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca privada no núcleo correspondente ao solar nº 31, no muro de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar restaurado de hórreo mixto, característico desta zona. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 1,45 metros de altura,…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localizado nunha finca privada pertencente ao solar nº 50. Tanto a casa, como a finca como o hórreo están totalmente abandonados. Érguese sobre un muro de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de peche da finca, duns 2,10…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos