Pombal do Outeiriño

Situado no lugar da Igrexa, ao pé da estrada.
De planta cuadrangular e paredes de cachotaría de granito, con porta alintelada con folla de madeira. Repisa perimétrica de lousas de pedra na parte superior do pombal. Cubrición a dúas augas, de uralita con tella camba na cumieira. orixinalmente tiña a cubrición de tella do país.
Conta a propietaria que tería máis de cen anos, xa que a casa, co pombal e o hórreo a comprou o seu avó cando veu da Arxentina, e que a súa nai, que morreu con máis de oitenta anos, acórdalle sempre o pombal e o hórreo.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-OC017
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Obra civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: A Igrexa
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Malo, actualmente empregado para gardar leña. Cando fixeron a actual pista asfaltada, que pasa a rentes do pombal, destruíron a súa esquina nordeste, actualmente cortada en chafrán e encintada con cemento. Tamén un camión, ao pasar, rompeu a cubrición, sendo a actual de uralita con tella camba na cumieira.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-75)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.724906209077 , -8.7129457547324
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.