Busca

Amosando 169 - 192 de 194 resultados da busca.

Pozo de regadío labrado en cachotaría que aparece embutido nun muro de contención, aínda que un tanto recuado respecto da aliñación do muro principal. Destaca o enmarque de pezas de granito de mediano tamaño que flanquea a cavidade que acolle o manancial. O conxunto, pola súa tipoloxía, localización e funcionalidade, posúe un elevado valor etnográfico.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo en forma de arco apuntado. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro. Posúe unha placa de…

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha escalinata de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de ferro de recente factura.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no medio dun regueiro de escaso caudal coñecido como río do Campo. De sinxela factura, o lavadoiro granítico, de tipoloxía descuberta, presenta unha planta rectangular que permite fregar roupa en dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece flanqueado por muros de cachotaría que contribúen a fixar as terras de labor que se localizan en todo o seu perímetro.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte de cabaliño situada a escasa altura do chan que se insire nun muro de cachotaría. De sinxela factura, o depósito orixinal carece de coroación ornamental, mais si dispón dun aleiro lixeiramente voado que protexe da chuvia ao xanelo de madeira que permite acceder fisicamente ao manancial.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece…

Coñecida popularmente como Fonte das Pozas, estamos diante dunha fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado case a ras do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría de recente factura.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría…

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.

A escasos 5 metros da fonte localízase un lavadoiro contruído en 1967.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Túmulo na ladeira sur do Monte Xiabre.

Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía

Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.

Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía

Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Gravado rupestre na ladeira sur do Monte Xiabre.

Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía

Pontella sobre o rego da Amproa.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.

Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Xacemento catalogado na Punta do Rego. 

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Gravado rupestre localizado na contorna da Torre do Meadelo.

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Xacemento catalogado na Punta Grandoiro, lugar a onde chegaba un camiño antigo e críase que os mouros tiraban alí os seus tesouros

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a…

Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía