Busca

Amosando 73 - 96 de 308 resultados da busca.

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Os gravados localízanse sobre a superficie horizontal do afloramento, e consisten na súa totalidade en motivos de temática xeométrica, apreciándose un total de 9 combinacións circulares, a maior das cales está formada por 5 círculos concéntricos, así como 5 cazoletas illadas.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Camiño empedrado de carro coñecido como Camiño do Rego que posúe unha lonxitude de 375 metros, cunha anchura máxima de 2 metros. Unha parte do seu firme foi realizado sobre rocha nai, de aí que se aprecien as rodeiras dos carros en boa parte da traza. Situado nas proximidades da Casa da Barreira, uniu no pasado un serradoiro hidráulico co Monte Laíñas.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

O castro sitúase nos arredores da igrexa parroquial, nun esporón do Monte Xiabre, conservándose o topónimo nas fincas dos arredores. 


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Gravado localizado sobre unha rocha de granito de aproximadamente 1,8 metros de lonxitude no eixo NS e 1,5 de anchura no eixo EW, situada ao carón da canle do Muíño dos Portugueses.

Sobre a…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

A Ruta do Pai Sarmiento, ao seu paso por Catoira, segue na maior parte a traza do Camiño Real, atravesando as parroquias de San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira e Santa Baia de Oeste. Trátase do camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a costa guiándonos cara a Santiago de Compostela.

Pedro Xosé Balboa, coñecido como Frei Martín Sarmiento, naceu en Vilafranca do Bierzo. A súa familia…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Tamén coñecido polo nome de Petróglifo Nº 1 das Pedras Minas, os gravados están formados por agrupacións de combinacións circulares, algunhas con cazoletas no seu interior.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Tamén coñecido polo nome de Petróglifo Nº 2 das Pedras Minas, os únicos motivos gravados localizados consisten en tres cazoletas situadas moi próximas entre si, a maior destas cazoletas mide 7 centímetros de diámetro e 3 de fondo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

O petróglifo atópase nunha edificación da aldea de Aragunde. Está formando parte do muro dunha vivenda, mais provén dunha finca próxima, da mesma propiedade que a casa (María Luisa Loureiro), e denominada Tallariña, Taleiriña ou Tilleiriña, situada a uns 200 ou 300 metros ao norte da vivenda.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro nas proximidades do lugar de Barral. No camiño que leva desde o Petróglifo Nº 1 do Outeiro do Barral a este outro (distantes entre si 143 metros) recolléronse, en 1990, fragmentos de tégulas e cerámicas medievais de cor gris.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Afloramento rochoso granítico nun pequeno outeiro no lugar de Barral. Trátase de dous afloramentos rochosos distantes uns 250 metros un do outro.

Son gravados moi sinxelos distribuídos sen orde aparente nos diferentes paneis insculturados. Só…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

Xacemento pouco alterado debido ao seu estado de ruína. Documentáronse fragmentos cerámicos de tipo gris medieval. Trátase dunha edificación con forma trapezoidal alongada e non de todo regular. As súas dimensións son de 26,5 metros para o eixo maior e unha anchura que varía dos 2 aos 7 metros.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arqueoloxía

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía