Busca

Amosando 265 - 273 de 273 resultados da busca.

Ao carón da Casa reitoral de Santa María de Leiro, preto da igrexa parroquial, atópase este fermoso cruceiro de plataforma cuadrangular de catro graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular e que presenta unha imaxe. O capitel é cuadrangular co astrágalo octogonal liso, o ábaco de lados rectos, e decorado con follas, volutas e flores. A cruz ten brazos cuadrangulares con chafráns. O Cristo ten as…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Situado na Praza de Manuel Antonio en Asadelos, próximo á Igrexa de Santa María de Asados. Preto del atópase o chamado Cruceiro Vello de Asadelos. Plataforma cuadrangular de tres graos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Fuste octogonal anque…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada diante do muro da casa reitoral de Santa María de Leiro. Cruz latina co brazo inferior mais longo apoiado sobre unha base prismática. Fuste octogonal, con remate superior de sección cadrada, sobre o que se ergue unha cruz sen imaxes con arestas chafranadas e vértices decorados.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Brión. Plataforma de tres chanzos sobre a que apoia directamente un fuste de sección cadrada coas arestas chafranadas con remates nos extremos. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha imaxe dun santo.

O texto que segue a continuación é autoría de Natividad Rey Ordóñez (abril 2018).

Na aldea de Brión…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada na fachada traseira da Igrexa de Santa María de Asados. Cruz latina sen imaxes, de sección octogonal con remates nos extremos. Brazo inferior mais longo sobre base troncopiramidal de granito.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal. Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro situado no adro da Igrexa de Santa María de Asados. A plataforma de tres graos, pedestal e fuste son octogonais sen adornos. O capitel e o astrágalo son tamén octogonais, e o ábaco de lados rectos. O capitel está decorado con follas de figueira. A cruz e as figuras son de mármore. A cruz é…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil