Busca

Amosando 73 - 96 de 133 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de crucifixo. Ten catro chanzos, mais o primeiro tan só está visible pola parte dianteira, xa que o resto aparece afundido no alcatrán da estrada. Base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que amosa na banda dereita a imaxe dun anxo con ás (San Miguel). Capitel de catro lados rectos, sen adobíos, que serve de soporte a unha cruz octogonal cos extremos acabados en cadrados. Amosa por diante un Cristo pegado ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que por alicerce presenta un só un chanzo case soterrado baixo o alcatrán da estrada. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que soporta unha vara de nova feitura, primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas espirais. Sobre este capitel houbo unha cruz cilíndrica e con nós. Por diante amosa un Cristo exento, baixo INRI, coas mans abertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

O Cruceiro Novo de Coaxe presenta tres chanzos de sustentación e unha base ben labrada en forma de copa. O fuste comeza sendo cuadrangular, pasando despois a sección octogonal descendente, pois perde grosor a medida que se afasta do chan. Capitel de catro lados rectos, con cabeciñas na metade de cada un afastadas por espirais nas esquinas e folliñas na parte baixa. Soporta unha cruz cilíndrica con vultos, que amosa por diante a figura dun Cristo de tres cravos, baixo…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos de sustentación e unha base paralelepípeda, coas arestas superiores rebaixadas na que se finca un fuste de sección octogonal e que se cobre por un capitel de catro lados rectos con espirais nas esquinas, que forman unha especie de escaleira de dous chanzos en cada cara. Cruz octogonal, lisa, cos extremos acabados en cadrado. Cristo pegado ao madeiro, baixo INRI, cos brazos paralelos ao chan, mans abertas, nó do pano duplo, á…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Localizado no pequeno adro da Capela de San Xosé Obreiro. Trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos e unha base ben labrada, con gorxa profunda serven de apoio a unha vara cuadrangular nos extremos, mais octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos con flor no centro de cada un afastadas por espirais. Cruz cilíndrica, biselada nos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten por alicerce tres chanzos, o primeiro deles case mergullado no alcatrán da praza. Base cúbica, ben labrada con gorxa fonda. A vara comeza e remata sendo cuadrangular, mais presenta sección octogonal na súa maior parte. Nesta última sección e pola banda da esquerda amosa diversos símbolos da Paixón e morte de Cristo. Así, de arriba abaixo, vemos: tenaces, martelo e escaleira de dez chanzos. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, con cabeciñas nas partes medias,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, doado por Felipe Aragunde no ano 2001.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruz emprazada no adro da Igrexa de Santa Baia de Oeste.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, ao carón da Igrexa de San Pedro de Dimo.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizado ao carón da Escola da Baiuca, trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten tres chanzos de sustentación e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara é cuadrangular nos tramos inferior e superior e octogonal no resto. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais e espirais nas esquinas, con gran folla por debaixo. Cruz cilíndrica, con vultos dispostos simetricamente. Amosa polo anverso a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó á dereita e pé…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Sobre plataforma de pedra que nivela o noiro do camiño, deitáronse dous chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que serven de soporte unicamente a unha cruz con figuras que amosa, por unha banda, a imaxe dun Cristo descabezado, de brazos case paralelos ao chan, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo, mentres que por detrás vemos unha Virxe das Angustias de dereitas: fillo coa cabeza á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda.


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Pombal de planta circular no lugar das Rañas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Pontella levantada sobre o río San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Quizais pola súa estreiteza, conta con anteparos nos…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pontella que permitía o tránsito de vehículos de tracción animal levantada sobre o río Freixeiro que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte e no enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A pontella carece de peitoril.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Pombal de planta circular que forma parte do conxunto de edificacións da Casa de Maquieira.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Palco de música localizado na campo da festa de Santa Baia de Oeste.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Esta ponte levantouse sobre o río Freixeiro, límite parroquial natural, para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso polas parroquias de Abalo e Catoira. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar. Destaca a perfecta labra e trabazón…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Pontella peonil levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade, se ben uns esteos de granito que arrincan das cepas puideron servir de apoio a algún sistema de varanda ou amarradoiro que mellorase o tránsito peonil. Destaca a perfecta labra…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Baiuca.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións da Casa Grande de Gondar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións do Pazo da Baiuca.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil