Busca

Amosando 385 - 389 de 389 resultados da busca.

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos localizada no Salgueiral. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra, paisaxe mítica do lugar:

Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.

O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

O Centro Sociocultural de Bamio é a sede do Proxecto Louceiros de Bamio, lugar onde se gardan as mostras da louza recuperada e outros elementos para a interpretación da paisaxe cultural do barro da ría de Arousa e do río Ulla. Trátase dun pequeno núcleo interpretativo sobre a louza de Bamio, xurdido da iniciativa social e do interese das persoas que…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil