Busca

Amosando 73 - 96 de 103 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de crucifixo, coa súa parte superior moi traballada cun sentido do equilibrio na profusa decoración, que en ningún momento cae na estridencia, nin no fatuo. Para comezar, o seu capitel susténtase sobre unha dobre voluta octogonal, como o fuste, e presenta unha ornamentación vexetal que evita así as esquinas en arestas e deixa un espazo entre folla e folla ocupado pola cuncha de vieira. Arriba, a cruz con deseño octogonal e remates cadrados, con fendas que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado no xardín da vivenda Nº 15 da rúa Sagasta.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Inaugurado o 21 de agosto de 1966, trátase dun cruceiro do tipo de imaxe, localizado carón do Camiño de Santiago. Segundo Estanislado Fernández de la Cigoña Núñez, esta columna co Apóstolo Santiago, forma parte do Via Crucis da Ruta Xacaboea do Mar de Arousa.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Na entrada ao parque infantil da avenida de Vigo, emprázase un cruceiro do tipo de cruz, probablemente vinculado á Igrexa Parroquial de Pontecesures, situada a poucos metros deste.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada lese a seguinte inscrición: “UNA DE DOS O NO ENTRAR AQUI O ALABAR A DIOS. ANO DE 1814”. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada e nunha pedra lense as seguintes inscricións: “NADIE PASE ESTE UMBRAL O A DIOS ALABAR. AÑO 1814" e "BREVE LA VIDA. NADIE PASE". A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a unha vivenda no lugar Carreiras, coñecido como A Horta do Curto. O cerramento é de cantaría con arco de medio punto, coroado por unha sinxela cruz. Existe outra cruz máis inserida na fachada da vivenda.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz de granito, ao carón do Camiño de Santiago, asentada sobre unha base de cantería co pedestal cúbico.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz pola que pasaba o camiño por onde se levaban os defuntos para soterrar a Pontecesures.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas