Lavadoiro da Fonte Santa

Lavadoiro da Fonte Santa - Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril)

Imaxe: Elixio Vieites

Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.

A súa denominación, Fonte Santa, fai referencia ás propiedades positivas que a tradición local lle atribúe ás súas augas, ao menos até a construción e apertura da gasolineira que, segundo contan os propios veciños, afectou á súa calidade.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño do Casal

Muíño da Amproa

Lavadoiro da Fonte Santa

Muíño da Dona