Ermida da Virxe da Saúde

Ermida da Virxe da Saúde - Valga - San Salvador de Setecoros

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Erguida sobre un antigo castro a 173 metros de altura, trátase dunha ermida de planta rectangular e nave única. Muros de cachotaría reforzada con perpiaño rematados en pináculos nos puntos débiles, como son esquinas e zócalos. Fachada con portada de arco apuntado, óculo trebolado, espadana central de dobre van e pilastras laterais que enmarcan a fachada. No seu interior pódese observar unha imaxe de San Campio de gran valor histórico-artístico, e retablo realizado por Xosé Ferreiro.

Na súa contorna tivo lugar a Batalla de Casal do Eirigo contra os franceses en 1809, motivo polo cal se construíu esta ermida, aínda que xa existía unha antiga capela anterior á batalla.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AR005
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura relixiosa
  • Cronoloxía: 1809
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Salvador de Setecoros
  • Lugar: Casal do Eirigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-309)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Capela do Pazo da Bouza

Igrexa de Santa María de Xanza

Igrexa de Santa Comba de Louro

Igrexa de Santa Cristina de Campaña