Viña do Castro

Viña do Castro - Valga - San Miguel de Valga

Na elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, detectouse o topónimo durante o baleirado e revisión das listaxes catastrais actuais, sendo posteriormente comprobado en campo. A revisión realizada resultou infrutuosa, ao non terse identificado na zona (situada ás aforas do núcleo de Raxoi, na parte baixa cara o sur-suroeste) indicio algún de natureza arqueolóxica.

O lugar atópase na actualidade dedicado a fincas de cultivo, con espazos en terraza, que van seguindo a caída da propia pendente.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ035
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Raxoi
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-33: GA36056-TOP009)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Balleas

San Xurxo

Petróglifo do Gandarón

Suatorre