Túmulo dos Martores

Túmulo dos Martores - Valga - San Miguel de Valga

Xacemento xa catalogado nos estudos previos da concentración parcelaria na parroquia de San Miguel de Valga no 2004. O túmulo ten forma circular e grandes dimensións. Atópase totalmente cuberta de mato e piñeiros repoboados ao redor do 2004, onde xa se mencionan as roturacións sufridas no túmulo. Aprécianse pequenos fragmentos cuarcíticos e graníticos, probablemente da coiraza.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ038
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico-Calcolítico-Idade do Bronce
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Martores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O túmulo vese achaiado e afectado na súa superficie por roturacións para repoboación de piñeiros, que fan aflorar cuarzos e granitos, probablemente da coiraza pétrea. No sector central atópase atravesada por un valado en dirección norte-sur.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-39: GA36056021)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Vía militar romana Número XIX

Petróglifo Nº 2 dos Penoucos do Campo Redondo

A Torre

Santa Comba