Mercado dos Mouros

Mercado dos Mouros - Valga - Santa Comba de Cordeiro

Imaxe: Trazas de Pontevedra

Asentamento romano ribeirán no río Ulla. O lugar ocupa uns 11.500 metros cadrados, ten forma ovalada e está sobreelevado do terreo circundante, que hoxe en día é un terreo intermareal. Nas primeiras escavacións levadas a cabo polo arqueólogo David Fernández Abella, consistentes nunha simple investigación superficial, apareceron fragmentos de cerámica e tellas de época romana datados entre os séculos II a.C. e V d.C. Nunha das sondaxes tamén se localizou un posible almacén e noutra unha traza en negativo dunha cabana. A cerámica de almacenamento é coherente coa a atopada noutros asentamentos costeiros galegos, como Halltern 70, Campaniensis, Dressel I e posteriores. Sería coetáneo de lugares arqueolóxicos existentes en Galicia coma o da Lanzada.

Nas intervencións arqueolóxicas do ano 2016, os arqueólogos desenterraron máis de 5.000 pezas de interese. Entre eles hai elementos de bronce coma un colar, cerámica decorada, ánforas e ferros. Afirman que moitos deles son de importación púnica, o que confirmaría o carácter comercial do poboado. Con estas últimas investigacións, o asentamento vería incrementada a súa antigüidade tres séculos antes do pensado.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Balleas

Necrópole dos Martores

Castelo da Medela

Túmulo da Cruz do Valado