Virxe da Guadalupe de Tanxil

Virxe da Guadalupe de Tanxil - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Manuel Chamoso Lamas (1962)

Nos terreos do Pazo dos Baltar localizábase esta virxe de granito duns cinco metros de altura, obra do escultor Francisco Asorey, colocada nun espigón sobre o Dique de Baltar na Praia de Tanxil en 1932. En 2005, os herdeiros Baltar decidiron retirar a imaxe de Asorey ante o perigo que corría polos constantes derrubamentos que se producían na zona, e na actualidade gárdase no interior do Pazo dos Baltar. Tras a retirada da virxe de Asorey, as veciñas e veciños de Rianxo financiaron a colocación doutra imaxe, obra de Bert Gerresheim, nun muro na Praia de Quenxo.

A imaxe de Asorey é unha representación da virxe sostendo ao neno cos brazos en cruz, fronte ao mar. Está decorada con pezas da Cerámica Celta de Cesures incrustadas no manto da virxe. Foi quen encargou a imaxe da Virxe da Guadalupe e quixo que “a dulce imaxe da virxen patrona da vila se alzase como orientación consoladora para a xente do mar”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Vello de Asadelos

Cruceiro da Fonte

Cruceiro de Rivas

Cruceiro do Campo de Pazos