Fonte de Dorna

Fonte de Dorna - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Imaxe: Jose Maria Otero Castro

Fonte situada á beira do regato do Floxo, nun espazo verde do lugar de Dorna. Corpo central de cantaría de granito, composto por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto sobre a cornixa. Pía rectangular a rentes do chan, e un pequeno mesado semicircular sobre un pé de granito, acaroado a un lateral.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA101
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Dorna
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-030)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Roteiro Ambiental polo río Té (paneis informativos)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Presa da Castiñeiriña

Fonte e lavadoiro de Rial

Fonte do Fondo da Vila

Muíño de Santos