Restaurante Feliciano

Restaurante Feliciano - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: roteirocastelao.gal

Creado por Feliciano Rial Fungueiriño no ano 1946, foi o primeiro lugar de Galicia onde soaron os compases da melodía que hoxe é considerada como o segundo himno galego, "A Rianxeira", versión da canción “Ondiñas do mar” realizada por Anxo Romero e Xesús Frieiro Pinciñas no ano 1947, a instancias da Sociedad de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo en Bos Aires, e interpretada con instrumentos de corda polo Coro Castelao. Fora estreada para recibir a Castelao no porto bonaerense, ao seu regreso de París, a onde viaxara despois de ser nomeado ministro da República no exilio.

Posteriormente o Centro Galego de Bos Aires enviou unha copia do disco orixinal ao Restaurante Feliciano, onde o seu dono, Feliciano Rial, colocou un tocadiscos no balcón para que puidese escoitarse desde a rúa.

Esta casa foi tamén a última residencia dos curmáns de Castelao, os irmáns José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao, até consumarse a traxedia da Guerra Civil.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Campo de Abaixo

Escola de Quintáns

Casas da Vacariza

Casa da Mámoa