Cine El Centro

Cine El Centro - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Asociación para a defensa do Patrimonio Galego

Cine que funcionou desde o 1948 ao 1980, cunha fachada de 15,10 metros, e un longo de 51,20, que se converteu no local de representación do grupo de Teatro Airiños de Asados. A primeira película que se proxectou foi “La hija del capitán”, un día de Santa Lucía do ano 1948.

Segundo explica Xosé Camoxo, nos inicios da posguerra comezaba no municipio rianxeiro a tomarse en serio o negocio das salas cinematográficas. Os empresarios, que debían convencer ao gobernador para evitar impedimentos á hora da autorización oficial, atoparon unha boa maneira de convencelo, aludindo, nos seus escritos, ás súas pretensións de educar á xuventude e arredala das tabernas. Nese tempo abre o cine de Taragoña; Cándido C. González solicita permiso para reformar e habilitar o cine Rianxo (sendo autorizado en marzo de 1944); comeza a edificarse o cine Avenida "la sala elegante" (que é permitido en novembro de 1944); Asados deberá esperar ao ano 1948 para inaugurar o seu cine El Centro.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa da Lagarteira

Casa dos Cambreiros

Campo de Arriba

Casa Nº 1 de Sestelo