Casa da Lagarteira

Casa da Lagarteira - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Conxunto de varios volumes situado nun extremo do lugar de Sestelo. Edificacións auxiliares fronte á rúa, agrupadas en torno á vivenda configurando un patio interior pechado por un muro perpendicular á fachada principal. Vivenda de planta rectangular e dous andares, resolta en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de fibrocemento. Solaina na fachada principal, con varanda de pedra e escaleira exterior de acceso ao segundo andar.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AC017
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (B-013)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de Santa María de Isorna

Casa da Lagarteira

Casa dos Aguirre

Casa Nº 1 de Abuín