Mámoa do Monte de Dorna

Mámoa do Monte de Dorna - Rianxo - San Salvador de Taragoña

Túmulo de reducidas dimensións que está parcialmente arrasado debido á construción da Autovía do Barbanza que o cortou pola metade.

Mide no seu eixo L-O 16,50 metros e no N-S 14,70. Ten unha altura de 1,50 metros. Presenta un burato de violación central de 5,80 metros (N-S) e de 5,10 (L-O), cunha profundidade de 0,40 metros. Do cono de violación sobresaen algunhas laxes que poderían ser chantos da cámara e na superficie tumular obsérvanse numerosas pedras de pequeno tamaño que semellan formar parte da coiraza de cubrición.

En 1993, os traballos de construción da vía rápida sacaron á luz esta mámoa no Monte de Dorna, feito este que fixo modificar o trazado da estrada. Non foi até o 2009 cando a mámoa foi recuperada por un equipo de arqueólogos que limpou o túmulo, escavou unha parte e habilitou un muro de contención para evitar o desprendemento das pedras.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ123
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: San Salvador de Taragoña
  • Lugar: Monte de Dorna
  • Acceso a pé: Regular
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A parte nordeste do túmulo atópase alterada polo muro de peche dunha vivenda.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072003)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    La Voz de Galicia

    La Voz de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo do Monte Lioira

Punta do Castro

Petróglifo de Abuín

Petróglifo Nº 1 do Monte Pelotiña