Petróglifo Nº 1 dos Campos

Petróglifo Nº 1 dos Campos - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Megaliticia

Grupo de gravados que se espallan por unha extensa zona das parroquias de Santa María de Leiro e Santa Comba de Rianxo, entre A Pedreira e A Devesa de Rianxiño, estendéndose cara ao noroeste até o curuto do Alto do Corniño. Os gravados máis salientables son:

- Un grupo de gravados non prehistóricos, probablemente feitos polos canteiros que traballaban aquela zona, e nos que se pode ler, entre outras marcas, o topónimo "Rianjo", o que fai pensar que poida ser unha marca da delimitación da parroquia.

- Escena de loita entre dous cabalos (ou cervos en período de caída da cornamenta).

- Unha posible escena de caza na que varios animais parecen fuxir en manda na mesma dirección, mentres outro queda atrás ferido e outros parecen mortos sobre o camiño.

- Outro enorme cervo de características moi similares aos grandes anteriores.

- Posible femia preñada.

- Cervo macho en actitude de bradar.

- Animal con aspecto de felino.

- Na rocha máis setentrional deste conxunto, unha colección de cuadrúpedes, outro felino e outro antropomorfo moi similar ao do Petróglifo Nº 1 do Mouchos.

Este petróglifo situado nun afloramento granítico na ladeira suroeste do Monte da Pena. A laxe está situada a ras de chan e aínda que está moi cuberta de vexetación, as gravuras son visibles. Mide 3,80 metros no eixo N-S e 0,80 no L-O. Os motivos atópanse na parte sueste da rocha, e consisten en catro círculos concéntricos de 33 centímetros de diámetro, dos cales están só completos os dous máis interiores porque os exteriores faltan no sector suroeste. No interior do círculo central vense cinco conviñas moi erosionadas. Ao noroeste deste motivo, aprécianse dúas coviñas de 6 e 4 centímetros de diámetro, e no oeste atópase outra cun diámetro de 6 centímetros.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ017
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Rianxiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    O petróglifo está moi preto dunha pista forestal que pasa a 2 metros del.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072022)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Fotos de Rianxo

    Megaliticia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 2 do Monte Picoto

Petróglifo Nº 1 dos Campos

Mámoa de Somoza

Mámoa Nº 1 do Monte Cabanas