Fonte e lavadoiro de Carreiras

Fonte e lavadoiro de Carreiras - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Localízanse no lugar de Carreiras, o conxunto foi construído en 1950 e restaurado entre os anos 1999 e 2000. A fonte está feita de pedra e ten dous canos, a auga cae nunha pía rectangular de 1 metro  de longo e 50 centímetros de ancho. Desde aquí a auga é canalizada cara ao “pilón” (así é como lle chaman os veciños ao lavadoiro). A pía deste mide 5 metros de longo, 2 metros de ancho e 50 centímetros de profundidade. As lousas onde se lavaba están situadas só nun dos lados longos. No ano 2018 cambiáronlle o tellado porque estaba moi deteriorado e a tella do país foi substituída polas pranchas metálicas que ten na actualidade.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PO-AA001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1950
  • Concello: Pontecesures
  • Parroquia: San Xulián de Requeixo
  • Lugar: Carreiras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na fonte mantense unha inscrición fascista, incumprindo a lexislación vixente.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pontecesures (PO 56)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Lendo cos pés | CPI Pontecesures

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte de San Xulián

Fonte e lavadoiro de Fenteira

Fonte e lavadoiro da Toxa

Lavadoiro da Curuxa