Paso de barcas de Herbón

Paso de barcas de Herbón - Padrón - Santa María de Herbón

Antes da construción da Ponte da Barca, que uniría a totalidade da parroquia de Santa María de Herbón, o medio máis rápido para cruzar o río Ulla desde a aldea da Barca até o resto da parroquia de Herbón era o uso de barcas guiadas cunha corda (maroma). Nas beiras do río aínda se conservan algunhas das pedras (turros) que se usaban como amarre e guía destas cordas.

Este método usábase para o transporte de persoas, mercadorías e incluso para levar aos mortos das aldeas do lado sur da parroquia (Cortiñas, A Barca, A Rocha, Morono, Confurco, Os Condes...) até ao cemiterio de Herbón.

Existían outros pasos con barca para cruzar o río Ulla en Vedra, Teo ou Bandín (Carcacía - Padrón).

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pasais do Pombal

Pombal do Pazo da Inquisición

Ponte de Iria

Carrusel dos cabaliños de Evilasio