Reloxo de sol Nº 2 de Castro

Reloxo de sol Nº 2 de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

O hórreo da Casavella localízase na entrada sur da aldea, desde Imo. O reloxo érguese na parte traseira do hórreo. Situado na cara sur dun hórreo de Castro, coñecido como da Casavella.

O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito cuadrangular exenta con remate na parte superior semicircular, asentando sobre unha base de granito rectangular coas esquinas redondeadas. Non conserva o gnomon, e as liñas horarias non son visibles, aínda que hai que sinalar que está moi cuberto de fungos, o que impide unha visión máis clara do reloxo. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, en 1992, ano de realización da ficha, tiña o gnomon tronzado mais as liñas horarias eran perfectamente visibles, medindo 30 centímetros de alto por e 20 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Data de 1869, segundo reza no frontispicio do hórreo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC036
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1869
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Castro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, xa que non conserva o gnomon e as liñas horarias non son visibles. A pedra atópase cuberta de fungos, sería preciso limpala.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol Nº 1 de Rial da Lagoa

Pombal do Outeiriño

Pombal da Xaniña

Reloxo de sol de Reboiras