Reloxo de sol Nº 1 de Teaio

Reloxo de sol Nº 1 de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

Situado sobre unha grade  de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta. Na súa cara frontal é visible un recadro insculpido e, no seu interior, as liñas horarias perfectamente visibles. O gnomon consérvase partido, sendo este unha placa metálica triangular. Non se conserva no seu emprazamento orixinal, aínda que debeu tratarse dun reloxo de sol vertical ortomeridiano (orientado ao sur). Segundo conta a filla da actual propietaria, este reloxo atopábase orixinalmente na portada de entrada á finca, que antigamente estaba pechada por un muro todo ao redor. Esta portada atopábase no lateral suroeste da mesma. Trataríase dun cuadrante vertical ortomeridiano (orientado ao sur).

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece ser de comezos do século XIX. A casa e horta na que se atopa indica a existencia dunha fidalguía rural de certo empaque. Este é o segundo exemplo de reloxo de sol nunha portada de entrada a unha propiedade atopado no concello, o outro exemplo é o de Tallós.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC019
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Teaio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Malo, xa que foi desprazado do seu emprazamento orixinal. O gnomon está partido, aínda que as liñas horarias son perfectamente visibles.

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella do Muíño de Riba

Rúa Moncho Reboiras

Pombal da Casa do Brañeiro

Reloxo de sol de Reboiras