Reloxo de sol da Casa de Aguirre

Reloxo de sol da Casa de Aguirre - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Situado no muro de peche da horta da Casa de Aguirre, en fronte da casa e no portal de entrada dunha gran horta, fronte á casa dos caseiros, hoxe en ruínas.

O reloxo levántase en altura sobre unha columna de granito de sección cuadrangular no inicio e no fin, decorado con molduras nas esquinas, e cos ángulos en chafrán no medio, de 1,20 metros de alto. O reloxo propiamente dito é un bloque cuadrangular de granito exento, cos ángulos inferiores cóncavos e a parte superior cun remate semioloxía. No interior está remarcado cun dobre recadro inscrito na pedra, no interior do cal vense os números arábigos das horas. Conserva o gnomo, sendo este unha placa triangular. As liñas horarias aínda son visibles, aínda que a pedra está gastada e en parte cuberta de musgo.  Mide 40 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano (orientado ao sur).

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece que sería obra do ano 1758, ano de construción da Casa de Aguirre.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC016
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1758
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Imo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Bastante bo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-63)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella de Susavila

Reloxo de sol de Tallós

Pontella do Muíño de Riba

Pombal do Palacio de Lestrobe