Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Levántase embutido nunha finca traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 11 na AC-305, encaixado entre un alpendre de cemento e o peche do patio da casa.

Cimentado sobre unha alta repisa de perpiaño de granito encintado con cemento, duns 2,50 metros de altura. Non ten soportes, o tornarratos asenta directamente sobre a repisa, sendo este unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo, con espazo para unha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra. Non conserva a cornixa. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra apenas visible, xa que se incrusta nunha parede. Ten sobrepenas no pinche dianteiro, de pedra; o penal traseiro non se ve. Cubrición de uralita. Remates: cruz latina alta florenzada de sección cuadrangular, sobre base cuadrangular e pináculo piramidal estilizado. Orientado ao NE.

O avó do propietario comprou esta casa xa co hórreo, mais reformouno, substituíu os balaústres de madeira dos claros por ladrillo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO162
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, non conserva a cubrición nin a madeira, introducindo materiais de construción modernos (ladrillo e cemento). Así mesmo, localízase inmerso entre construcións modernas de cemento e ladrillo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 62)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Dodriño