Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nunha finca privada, moi próximo a outro hórreo, pertence as casas nº 14 e 15 na AC-305

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 1,10 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados, agás o de diante, con malla metálica. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. O chan do corpo do hórreo é de madeira. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta e pinche de madeira, e penal traseiro tamén de pedra nas esquinas e pechado con ladrillo, con pinche de cemento. Cubrición de uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, os propietarios non puideron concretar a cronoloxía deste hórreo, mais din que é antigo. A súa tipoloxía tamén permite pensar nunha certa antigüidade para este hórreo.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO062
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, non conserva a cubrición nin os remates, e introduce materiais de construción modernos, como o ladrillo ou o cemento.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 60)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Paizal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Imo

Hórreo de Imo