Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado nunha finca pechada privada, na parte traseira da casa á que pertence, no núcleo de Vigo

Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 90 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura no extremo inferior. Dous dos gabinetes (o do norte e o do medio) están pechados con malla metálica, ladrillo e cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con dúas portas de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira pintada en azul e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina cuberta de vexetación e pináculo estilizado. Orientado ao NE.

No 2010, o propietario non foi capaz de precisar a antigüidade deste hórreo. Debido ao seu tamaño e á existencia de dúas portas laterais, poida ser que orixinariamente este hórreo tivera máis propietarios, como mínimo dous.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO055
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, abandonado e cuberto de vexetación. A parte inferior (repisa e gabinetes) están feitos en cemento e ladrillo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 54)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Eira da Lavandeira de Imo (11 hórreos)

Hórreo de Paizal

Hórreo de Castro

Hórreo de Traxeito