Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizada nunha pequena parcela actualmente abandonada, chea de fragmentos de tellas (suponse que a xeito de drenaxe, xa que o río pasa cerca). Na zona de entrada ao núcleo.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, en parte cuberta por herba, co extremo oeste redondeado, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, de perpiaños O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país, atopándose en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao E.

Parece que é moi antigo, de máis de cen anos. Aínda se garda millo nel.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO075
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Rial da Lagoa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, a madeira e a cubrición están en mal estado, e sería preciso limpar a pedra, a repisa e a contorna.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 129)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Revixós

Eira de Traxeito (3 hórreos)

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Paizal