Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Na parte posterior da vivenda familiar, nunha horta bastante descoidada, na zona das Hortas Debaixo.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de pedra construído en datas recentes, con tres portas de madeira para uso doméstico, a xeito de galiñeiros ou leñeiras. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando os penais dos seus respectivos pinches. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, renovada. Remates: seis esveltos pináculos nas dúas fachadas, tres en cada penal, os dous centrais de maior tamaño e rematados en bóla ovoide, todos sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, a estrutura básica pode situarse antes de 1920, pola semellanza con outros exemplares. Carécese de documentación.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO042
  • Outras denominacións: Hórreo de José Pérez
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bustelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, coa substitución da madeira dos claros por ladrillo.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 206)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bexo

Hórreo da Miguensa

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Reboiras