Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Nun outeiro, no lugar coñecido como A Eira, no ángulo SE da aldea.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotes de granito encintados con cemento, a cal asenta sobre a rocha natural. Os soportes son cinco cepas de perpiaños. Os dous gabinetes do sur están pechados con ladrillos e os do norte teñen restos de balaústres de madeira. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con dous claros e medio pechados con ladrillo e o resto con balaústres de madeira e dúas cintas. Ten unha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, en bastante mal estado. Remates: non conserva a cruz, só a base cuadrangular; na parte traseira, pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide e angulosa sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que datalo a principios do século XX, aínda que non hai referencias concretas sobre a súa cronoloxía. Seguramente construído antes de 1920 por analoxía con outros exemplares semellantes.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO040
  • Outras denominacións: Hórreo dos Tobíos
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bustelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi mala, coa substitución da madeira por ladrillo en dous claros e medio, mentres que a madeira que conserva no resto dos claros e nos gabinetes está en moi mal estado. A cubrición tamén se atopa en pésimas condicións.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 203)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo da Miguensa

Hórreo de Castro

Hórreo de Vigo

Hórreo de Imo