Río Sar Vello

Río Sar Vello - Dodro - Santa María de Dodro

O curso orixinal do río Sar segue sendo a división administrativa entre os concellos de Padrón e Dodro. Nos anos sesenta do século XX fíxose a canalización deste tal é como a coñecemos na actualidade, totalmente recta. Maila construción da canle, os meandros orixinais aínda se poden ler no territorio, principalmente pola presenza da vexetación de ribeira que se resiste a desaparecer. O río Sar orixinal, entre Padrón e a súa desembocadura no río Ulla, posuía gran cantidade de meandros, polo que na tradición popular existe o dito “es máis retorcido que o río de Padrón”.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pinal da Braña

Porto de Bexo

Porto do Deza

Río da Arregañada