Lavadoiro da Eira da Lavandeira

Lavadoiro da Eira da Lavandeira - Dodro - San Xoán de Laíñot

Imaxe: Carlos Henrique Fernández Coto

Lavadoiro construído en 1944 á beira do Camiño Real, sendo alcalde Genaro Vidal, natural desta aldea, en pleno apoxeo da ditadura franquista, e como xesto de magnificencia cara aos seus veciños.

Mide 10 metros de longo, por 4 de ancho, con 10 pedras de lavar. Ten un tellado con tella do país que descansa sobre nove piares de pedra e tres travesas de madeira.

Está situado na Eira da Lavandeira, que ven sendo o “lugar onde se lava a roupa”. Tamén era axeitado para mazar o liño e a la, aproveitando o curso do río Ancho ou río Grande.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Teaio

Fonte de Fontenla

Fonte da Chan da Viña

Muíño Caixón