Castro de Lestrobe

Castro de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Aséntase na ladeira do Monte San Gregorio orientada ao val do río Ulla. Está a unha altitude de 88 metros, e a uns 200 metros ao noroeste do lugar de Lestrobe.

Obsérvase abundante material cerámico castrexo, manual e sen decoración, así como un fragmento da roda dun muíño. Polo norte, a parte máis accesible, vense restos dos foxos e contrafoxos. Polo tipo de cerámica e o muíño circular, pódese datar inicialmente nos séculos II-I a.C.

As súas medidas na croa son duns 70 metros de diámetro, e engadindo a lonxitude dos foxos, podería acadar un total do recinto duns 120 metros.

No mes de abril de 2020 producíronse danos provocados por unha corta de eucaliptos na área de protección integral de grao 1. A corta causou o derrubo de muros existentes, biomasa e restos da corta abandonados no propio camiño. A corta carecería de permiso por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, obrigatoria neste caso.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Xacemento da Veiga de Abaixo

Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta

Pedra Escorregadoira

Petróglifo da Carga