Camiño Real de Catoira

Camiño Real - Catoira

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

O Camiño Real de Catoira aparece citado por Elisa Ferreira Priegue (1988) na monografía que dedicou ás infraestruturas viarias medievais no ámbito de Galicia. Nesta obra dise que “podemos dar por seguramente medieval o camiño real costeiro que enlazaba as vilas da ría arousá e ía a Cesures por Bamio e Catoira. Por el íase ás Torres de Oeste, a grande fortaleza costeira que defendía a boca do Ulla, e onde se cobraba unha portaxe, da que Fernando II exime en 1164 aos veciños de Padrón, agás no pagamento de aranceis por tráfico de sal e peixe”.

Este camiño tería moita importancia na comarca do Salnés, península que repartía os seus cotos entre a Mitra compostelá e o Mosteiro de Armenteira. Neste contexto existiría un eixo viario triangular que uniría a cidade de Pontevedra con Padrón, e ambas coas vilas mariñeiras arousás: Carril, Vilagarcía, Vilanova e Cambados.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AQ002
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: -
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na actualidade consérvanse tres treitos deste camiño, que suman unha lonxitude total de 2.870 metros lineares da traza histórica ben definida e, en xeral, en bo estado de conservación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_001) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Ferreira Priegue, E. Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense, Anexo 9. Ourense: Museo Arqueológico provincial de Ourense, 1988

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo do Campo da Abroteira

Petróglifo de Morosos

Petróglifo Nº 2 das Lagoas

Mámoa Nº 2 de Menlle