Cruz das Cernadas

Cruz das Cernadas - Valga - San Salvador de Setecoros

Imaxe: Cruceiros de Galicia

Trátase dunha cruz de pedra ergueita sobre un varal asentado nunha base granítica. Carece de baseamento e de capitel. O pedestal é cúbico. Non se trata do orixinal, o cal se atopa ao carón do mesmo. Varal monolítico de sección cuadrangular no comezo e no remate, mais oitavada no desenrolo por rebaixe das arestas laterais. A cruz non presenta figuración algunha. O seu feitío é anómalo xa que o brazo transversal é maior có da vertical.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER025
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Salvador de Setecoros
  • Lugar: Cernadas
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Emprazamento exposto ao tráfico rodado.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-307)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Nº 2 do Campo

Cruz Nº 1 de Vilarello

Cruceiro da Casa do Sisto

Cruceiro de Casanova