Fonte da Lagarteira

Fonte da Lagarteira - Rianxo - Santa María de Isorna

Fonte de pedra situada sobre o acceso ao lugar da Lagarteira, fronte ao cruceiro do mesmo nome. Está situada a un nivel inferior con respecto á rúa, delimitada por muros de granito. Corpo principal rectangular empotrado no muro, sobre o que se alza unha peza superior triangular. Fonte dun só cano metálico, que verte a unha pía rectangular a rentes do chan.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AA014
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (L-014)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño do Vilar

Lavadoiro de Sestelo

Muíño do rego de Bacelo

Muíño da Pontella de Abaixo