Mámoa Nº 8 do Monte da Pena

Mámoa Nº 8 do Monte da Pena - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Conxunto formado por cinco túmulos que se atopan nun rechán na ladeira oeste do Monte da Pena.

O túmulo mide 26,50 metros no eixo N-S e 24,80 metros no L-O. Conserva unha altura de 1,75 metros. Presenta un burato de violación central circular que mide 3,30 metros de diámetro, cunha profundidade de 0,45 metros. Non se aprecian restos da cámara ou da coiraza de cubrición.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ088
  • Outras denominacións: Campo dos Frailes
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Monte da Pena
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A parte máis baixa da superficie tumular, no norte, está arrasada polo paso dun camiño. Tamén no sector noroeste da mámoa está parcialmente alterado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072096)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo das Barras

Petróglifo de Frexó

Castro de Rianxiño

Petróglifo Nº 2 de Brión