Mámoa Nº 2 dos Campiños

Imaxe: Centro Arqueolóxico do Barbanza
Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.
Mide 13,60 metros no eixo L-O e 16 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é irregular, a altura máxima do túmulo é 0,58 metros e a profundidade máxima do pozo de saqueo é 0,33 metros. Atópase a 1 metro á marxe dereita do camiño actual que vertebra a zona de norte a sur a chaira na que se atopa a Necrópole dos Campiños.
Trátase dun túmulo de pequenas dimensións e pouco prominente. Atópase delimitado por dous antigos camiños (en desuso) en sentido L-O, un polo norte do xacemento e outro que o separa do seguinte túmulo.
Presenta unha pequena depresión no sector nordeste, que puidese corresponderse cun antigo pozo de saqueo. O esborrallamento do túmulo e a existencia dos dous camiños citados, xunto co desprazamento lateral do pozo de saqueo (un tanto anómalo), dota ao túmulo dunha configuración en planta de pentágono con bordes redondeados. Case non se detecta cachote na superficie do túmulo ou na contorna máis inmediata que puidese evidenciar a existencia dunha coiraza pétrea, agás de dúas emprazadas ao norte do pozo do saqueo, e que se atopan desprazadas da súa situación orixinal.
Cara ao extremo leste do túmulo atópase a liña de ruptura da pendente, e cara ao sur ábrese unha chaira coñecida como Campo Grande ou Campiños, onde se localiza o resto da necrópole (5 túmulos máis).
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ068
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Neolítico
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Isorna
- Lugar: Campo Grande
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
-
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072074)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.674804344494 , -8.7663526442687
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.