Castro do Pelotiña
Imaxe: Manuel Gago
Castro de planta oval, cunha croa orientado ao norte no cumio do Monte Pelotiña. Trátase dun recinto fortificado cunhas medidas de 80 metros (N-S) e 63 metros (O-L), ubicado na zona superior dun outeiro que separa o val de Asados-Araño das estribacións e vales que levan até a ribeira do río Ulla. Emprazado a 217 metros de altura, dispón dunha amplísima perspectiva sobre o territorio que o rodea. O recinto fortificado consta dunha muralla perimetral formada por pedra e cachote, engrosada na zona norte como resposta a un pequeno chan, e complementada na área sur con outro parapeto exterior que se parece estender pola metade da cara oeste. Este último aspecto, visible nas imaxes LIDAR, non puido ser comprobado in situ, onde si é perceptible o parapeto exterior da cara sur.
- INFORMACIÓN
- Código: RI-AQ113
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Idade do Ferro
- Concello: Rianxo
- Parroquia: Santa María de Asados
- Lugar: Monte Pelotiña
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
O sitio arqueolóxico está en perigo inminente, e profundamente modificado pola acción da maquinaria forestal. Os muros están derrubados e rebaixados, e toda a superficie do sitio arqueolóxico está aberta polos sucos de plantación de eucaliptos. A degradación do espazo arqueolóxico é tan notable que é preciso unha certa experiencia para recoñecer as estruturas, que son máis visibles no dobre parapeto do sur e no bastión do norte, que aterraza artificialmente o outeiro.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072126)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.675515524176 , -8.775750808655
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.