Lavadoiro da Curuxa

Lavadoiro da Curuxa - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Imaxe: CPI Pontecesures

Localízase na rúa Ullán, a un nivel máis baixo que a beirarrúa, polo que hai unhas escaleiras de pedra para acceder até el. A auga que o abastece é do regueiro que pasa ao seu carón. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A pía do lavadoiro mide 6 metros de longo e 2 metros de ancho e está dividida por un tabique de obra de ladrillo e cemento nun dos extremos. Probablemente esta división se fixo para que no verán, dado que baixa moito o caudal do regueiro, se renovase a auga da pía con máis facilidade. As lousas de lavar sitúanse nun dos lados máis longos. Ten un tellado cuberto con tella do país que se apoia sobre columnas de formigón.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PO-AA009
  • Outras denominacións: Lavadoiro de Infesta
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Pontecesures
  • Parroquia: San Xulián de Requeixo
  • Lugar: Infesta
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Lendo cos pés | CPI Pontecesures

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


A Fontaíña

Fonte de Zabala

Fonte e lavadoiro da Toxa

Fonte da Igrexa Parroquial de Pontecesures