Cruceiro de Morono

Cruceiro de Morono - Padrón - Santa María de Herbón

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro situado ao carón da Escola de Morono, do tipo de fuste rematado en crucifixo, construído no ano 1985. Está composto por unha plataforma de dous chanzos de forma cadrada sobre o que se sitúa o pedestal da mesma forma e cunha parte superior moldurada. Nunha das caras ten a seguinte inscrición: "MOROÑO 15-8-1985". O fuste comeza e remata de forma cadrada e logo ten as arestas chafranadas. O capitel ten forma cadrada e está decorado con volutas nas esquinas e cabezas de anxos entre as mesmas. Debaixo ten motivos vexetais. A cruz ten forma cadrada e as arestas chafranadas coas puntas de brazos florenzados. No anverso está a figura de Cristo crucificado con tres cravos, coroa de espiñas e sobre a cabeza unha cartela ao uso. No reverso está a figura da Virxe sobre unha peaña de tres corpos de forma cadrada e as esquinas recortadas. Está cuberta por un manto.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER030
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1985
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Herbón
  • Lugar: Morono
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro Nº 2 do Cemiterio de Adina

Cruceiro de Santa Lucía

Cruceiro de Vilar

Cruceiro Nº 2 da Igrexa de Santa María de Cruces