Reloxo de sol de Bexo

Reloxo de sol de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado na cara frontal dun hórreo de Bexo, coñecido como dos Outeiros. 

O reloxo, de esfera cadrada coa parte superior semicircular, é unha placa de granito cuadrangular exenta, de formas moi sinxelas, apenas con decoración. Está acaroado á base da cruz, asentando directamente nas sobrepenas. Debido á erosión non se aprecian as marcas horarias, aínda que si conserva o gnomon, sendo este unha placa triangular. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, mide 40 centímetros de alto e 20 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1856, segundo reza no frontispicio do hórreo, aínda que nos non conseguimos distinguir a data.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC033
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1856
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Bexo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa, co deterioro normal polo paso do tempo. As liñas horarias están desgastadas, aínda que conserva perfectamente o gnomon.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal Nº 1 de Teaio

Reloxo de sol de Bexo

Pombal do Outeiriño

Pombal da Casa do Brañeiro