Hórreo de Sar

Hórreo de Sar - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado na entrada norte á aldea, ao pé da estrada, nun pequeno terreo ao lado da casa dun dos actuais propietarios.

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1,50 metros de altura aproximadamente, no norte cuberta de vexetación. Presenta unha plataforma de pedra cuadrangular no lateral oeste, con tres grades, fronte á porta do medio, para o acceso ao interior do hórreo e para apoiar os cestos de millo. Os soportes son cinco cepas de perpiaños de granito, coa pedra superior de forma troncopiramidal invertida a xeito de moldura. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que conserva a madeira en mal estado. Ten tres portas de madeira no lateral oeste, unha por cada claro. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os esquinais do hórreo son tamén de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Penal do norte de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais, cuberto de hedra. E penal sur tamén de pedra, con 14 fendas horizontais de ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país, atopándose en mal estado. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal rematado noutra pirámide máis pequena, sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

No 2010, di unha das propietarias que ten máis de cen anos, que pertencía a unha casa vella que hai no centro do núcleo. Esta casa é coñecida como a Casa do Cachón, e trátase dunha casona de pedra con patín e portalón, actualmente en ruínas, propiedade dunha familia adiñeirada. Na portada de entrada é visible unha inscrición, apenas lexible, no que se pode intuír a presencia dunhas inicias e un ano: 18(..).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO178
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Sar
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, a madeira e a cubrición están en mal estado. Sería preciso limpar a pedra e o entorno da vexetación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 147)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Eira da Lavandeira de Imo (11 hórreos)

Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Vigo

Hórreo de Teaio